martes, 28 de abril de 2020

TAREFAS:
SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 30 DE ABRIL

Ola chicos!!!!!!

O primeiro de todo, agardo que estedes todos ben e tede en conta que un día máis e un día menos.

A continuación deixovos a relación das actividades para esta semana. Espero que as actividades que vos propoño resulten divertidas..

Nas tarefas que requiran corrección (redaccións, resumos, etc...) aparecerá especificado que quero que as enviedes por correo. Recordade que o meu correo é: fernanda.rodriguez@edu.xunta.es . Nas que non apareza, non é preciso envialas agás que teñades algunha dúbida na súa corrección.

Espero que esté resultando cómodo este xeito que comunicarnos.

Recordade que no blog podedes deixar, tanto as familias coma os peques, os vosos  cometarios e opinións. A min sírveme para saber como vai resultando este sistema novedoso para todos, que gusta máis, que resulta máis complicado...

Agora si, aquí vos deixo as tarefas desta semana.


TAREFAS 

Natureza: 

- Plantas: repaso mediante un test on line ( entrada propia )

- Xogo de repaso das plantas (entrada propia )

- Repaso dos animais e das plantas con encrucillados ( entrada propia )

Lengua/lingua:

- "Libros que veñen e van" ( entrada propia )

- Realización dun experimento ( entrada propia )

  Esta tarea consta de dúas partes:

  • Gravación do experimento en video: debedes preparar a explicación oral do experimento (materiais, pasos, conclusións...) e cando estedes listos, gravádea cun móbil e enviádema. Para enviala de xeito sinxelo farémolo a través de Wetransfer (entrada propia sobre cómo enviar videos empregando este recurso)
  • Explicación escrita do experimento: debedes realizar un breve informe científico (enviar para a súa corrección)
- Lectura e comprensión:  Arácnidos e insectos ( entrada propia )
.
- Diario dunha corentena. (entrada propia )

Matemáticas:

- Repaso:
  • Fichas de repaso, podedes descaragalas ou realizalas directamente na libreta ( 1 e 2 )
  • Exercicios do libro páxinas 151 e 153
- Operaciones y resolución de problemas ( entrada propia)

- Reto matemático. ( entrada propia )


Moitísimo ánimo e imos a pola semana!!!!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario